Friday 03 de May de 2024

Un total de 25 nenos e nenas participaron no XVIII Campionato Municipal de Pesca Infantil do Concello de Frades


A área recreativa da piscina municipal (Papucín) volveu a acoller o Campionato Municipal de Pesca Infantil de Frades, que se celebrou esta fin de semana. O evento reuniu a 25 nenos e nenas do municipio que, acompañados polos seu familiares, tomaron parte do torneo, respectando todas as medidas de seguridade fronte á Covid-19.

Durante a xornada, a rapazada capturou varios exemplares, que puideron levar as súas casas. Ademais, foron agasallados cunha medalla conmemorativa e unhas lambonadas, entregadas polo alcalde, Roberto Rey, e os concelleiros de Medio Rural, Manuel Ferreiro; Xuventude, Juan Carlos Portos; e Maiores, Jesús Francos.

A dezaoito edición do campionato finalizou cun pequeno almorzo a base de empanada e bolos para que todas as persoas asistentes puideran repoñer forzas. Este ano e como medida especial, todas as persoas, tanto crianzas como adultas, tiveron que levar máscaras de protección.